Mostrando entradas con la etiqueta Xerais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xerais. Mostrar todas las entradas

2 abr 2013

MÁIS DRAGAL

Que vos parece se vos digo aos amantes de Dragal que se está a preparar unha peli chulísima? Si, si, pero a cousa non para aí porque tamén poderedes gozar coas historias do dragón en videoxogo!!!

De seguro que esta nova dimensión que está acadando o DRAGÓN atraerá novos seareiros que, coma min, ven dragonciños cando van paseando pola praia. 

Comezade a ler xa, que nos pilla a peli!!!!
 

18 ene 2013

SEGUIMOS LENDO

Novas propostas de lectura de Xerais que nos presentan dende o IES Prota do Son. Desta volta vai unha de misterio e medo.


14 ene 2013

POR QUE LER DRAGAL

Da web dragal.eu
A triloxía de Dragal é moito máis ca unha viaxe fantástica ao mundo dos dragóns e todos os poderes que a escritora lle quixo atribuír. 

Se fiamos máis fino podemos descubrir boa parte da historia de Galicia dende os primeiros séculos ata a Idade Media. Son moitos os elementos históricos, pero ben dosificados e sen relentizar a lectura,  que nos dan acceso a este coñecemento: os cabaleiros da Orde de Dragal (ou de Santiago), as orixes do reino Suevo e a adoración pagá a un ser máxico e todopoderoso: o dragón, a chegada do cristianismo e  da evanxelización (Martiño Dumio), a morte e traslado dos restos do Apóstolo Santiago, o papel da Raíña Lupa na historia de Santiago, asistimos a clases de alquimia, arquitectura, astronomía ou medicina e ficamos sorprendidos unha vez máis do papel decisivo que xogan as mulleres en moitos momentos importantes da nosa historia sen perder o fío da lectura. 

Hai algo especial neste libro que nos ten cativos, as ansias de saber máis cousas da historia de Dragal, pero tamén da nosa historia. A conto disto, penso que aínda podemos ler o libro cuns lentes diferentes e interpretar a homenaxe que a autora fai ao dragón, un ser diferente, que foi perseguido e dominado ata case facelo desaparecer, como unha metáfora da nosa cultura. Hoxe máis ca nunca a nosa marca de identidade cultural, a nosa lingua, fica perseguida en silencio. Esta é a ferramenta máis poderosa, o silencia, a indiferencia, en Galicia poucos defende o noso, ese algo especial que nos caracteriza. Unha vez máis ficamos sometidos e encadeados como Hadrián dentro do seu cuarto, sen forza para pronunciar palabra, sen alento nin enerxia para expresar o que sentimos. Parece que tiveramos a pel impregnada co zume da submisión milenaria que vivimos dende a Idade Media e da cal non acabamos de desprendernos.