Mostrando entradas con la etiqueta Ies Mos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ies Mos. Mostrar todas las entradas

2 may 2012

O DESPOIS DO DÍA DO LIBRO

Despois de dúas semanas de exposición de libros curiosos, sorprendentes e orixinais, coa que celebramos o Día do Libro, resultou que os exemplares con máis éxito foron:


 MOBY-DICK










600 PUNTOS NEGROS
 
 GALICIA 360


1 may 2012

In Memorian


In Memorian, revista ou comic-book



Un encontro imaxinado reúne dúas figuras históricas, o creador de BD Osamu Tezuka e o político e debuxante Castelao, sobre o pano de fondo das mudanzas que a finais da década dos 1940 se deron no eido da banda deseñada. Este foi o primeiro cómic publicado pola libraría Alita, co gallo do Día Internacional do Libro e outras citas de 2012 incluíndo o Día das Letras Galegas, no marco do décimo aniversario da empresa coruñesa.

Vede a ficha técnica facendo clic na imaxe.

19 abr 2012

23 de abril - Día do Libro

A Biblioteca do Ies de Mos organiza para o día 23 de abril unha mostra de libros curiosos e especiais. A mostra fíxose coa colaboración do profesorado, que trouxo algúns exemplares cos que ten un vínculo especial ou que lles resultan sorprendentes por algún motivo concreto.

Hoxe o alumnado de Diversificación estivo axudando cos carteis para montar a exposición e no segundo recreo xa tivemos moitos visitantes. A iniciativa está resultando exitosa.

Agora déixovos neste libro virtual as imaxes e fichas dos libros que forman a mostra para que poidades compartir connosco un libro e viaxar por eses mundos máxicos que nos ofrecen sen ter que soportar máis ringleiras que a que forman as súas palabras nin máis atrancos que o de dispor duns minutos de lecer.

18 abr 2012

LENDO DRAGAL II


Este mércores Susana Casal coordinou a reunión de HdL na que os lectores/as intercambiaron impresións sobre a segunda entrega de Elena Gallego, Dragal II. 


E isto é o que nos pareceu o libro.

Tomás Collazo, 1º ESO B

Pareceume un libro estupendo, moi interesante. O que máis me gustou foi a fantasía que envolve a historia.

Adrian Silveira, 1º ESO B

Gustoume moitísimo porque dende o primeiro momento estiven capturado pola lectura  sen decatarme de que pasaran dúas horas.
Agardo que teñamos pronto a terceira entrega.

Anxo Cabaleiro, 2º ESO C
A autora creceu moito en vocabulario e consegue crear máis misterio nesta segunda novela. 
Debido ao final tan intrigante desexaría ler xa a terceira entrega.



13 abr 2012

Fauna máxica de Galicia

Como narrador de posguerra Cunqueiro foi o encargado de introducir ao alumnado nun bosque moi especial no que habitan animais non menos especiais coma o Gatipedro.

O alumnado de 4º da ESO tiña unha tarefa fundamental este curso. Debido aos grandes lumes do verán e de comezos de ano moitos destes seres desapareceron. Pero non vos preocupedes que fixeron unha longa viaxe na procura de novos animaliños que garanten que a máxia siga habitando nos bosques galegos.