Mostrando entradas con la etiqueta Dragal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dragal. Mostrar todas las entradas

1 nov 2013

ROCANROL DRAGÓN


Dragaliños!! Dragaliñas!!! Aquí vos deixo un agasallo de Magín Blanco, quen nos axuda a seguir co soño do dragón a través deste tema.

13 oct 2013

A FRATERNIDADE DO DRAGÓN

Bo día Dragaliñ@s

Comeza a competición por atopar o fogar do dragón e descubrir toda a maxia do mundo que nos rodea. Grazas ás aventuras da novela de Dragal, descubriredes os segruedos da amizade, o valor e respecto do diferente e os recunchos máis soterrados das nosas orixes.

Mergulládevos nas catacumbas e facede do voso centro o fogar de Dragal!!! 

Na andaina non estaredes sós. Sete son os cabaleiros que dirixen o traballo doutros tantos gurpos de dragliñ@s. 

Vémonos no WIKI da Fraternidade



2 abr 2013

MÁIS DRAGAL

Que vos parece se vos digo aos amantes de Dragal que se está a preparar unha peli chulísima? Si, si, pero a cousa non para aí porque tamén poderedes gozar coas historias do dragón en videoxogo!!!

De seguro que esta nova dimensión que está acadando o DRAGÓN atraerá novos seareiros que, coma min, ven dragonciños cando van paseando pola praia. 

Comezade a ler xa, que nos pilla a peli!!!!
 

14 ene 2013

POR QUE LER DRAGAL

Da web dragal.eu
A triloxía de Dragal é moito máis ca unha viaxe fantástica ao mundo dos dragóns e todos os poderes que a escritora lle quixo atribuír. 

Se fiamos máis fino podemos descubrir boa parte da historia de Galicia dende os primeiros séculos ata a Idade Media. Son moitos os elementos históricos, pero ben dosificados e sen relentizar a lectura,  que nos dan acceso a este coñecemento: os cabaleiros da Orde de Dragal (ou de Santiago), as orixes do reino Suevo e a adoración pagá a un ser máxico e todopoderoso: o dragón, a chegada do cristianismo e  da evanxelización (Martiño Dumio), a morte e traslado dos restos do Apóstolo Santiago, o papel da Raíña Lupa na historia de Santiago, asistimos a clases de alquimia, arquitectura, astronomía ou medicina e ficamos sorprendidos unha vez máis do papel decisivo que xogan as mulleres en moitos momentos importantes da nosa historia sen perder o fío da lectura. 

Hai algo especial neste libro que nos ten cativos, as ansias de saber máis cousas da historia de Dragal, pero tamén da nosa historia. A conto disto, penso que aínda podemos ler o libro cuns lentes diferentes e interpretar a homenaxe que a autora fai ao dragón, un ser diferente, que foi perseguido e dominado ata case facelo desaparecer, como unha metáfora da nosa cultura. Hoxe máis ca nunca a nosa marca de identidade cultural, a nosa lingua, fica perseguida en silencio. Esta é a ferramenta máis poderosa, o silencia, a indiferencia, en Galicia poucos defende o noso, ese algo especial que nos caracteriza. Unha vez máis ficamos sometidos e encadeados como Hadrián dentro do seu cuarto, sen forza para pronunciar palabra, sen alento nin enerxia para expresar o que sentimos. Parece que tiveramos a pel impregnada co zume da submisión milenaria que vivimos dende a Idade Media e da cal non acabamos de desprendernos.

12 nov 2012

LIM UD DRAGAL I

Xogamos lendo DRAGAL I. 

Para os lectores e as lectoras do curso pasado e para que vos animedes neste curso a refuxiarvos en mundos máxicos que nos permiten fuxir da realidade un bocadiño déixovos estas actividades.

Animádevos! E logo o Dragal II, porque non me digades que non queredes saber que lle ocorre a Mónica?

7 oct 2012

DRAGAL

Unha das novelas con máis éxito entre o alumnado de 1º da ESO son as novelas de Elena Gallego. Aí vos deixo o booktrailer para que sigades lendo aos vosos heroes.

18 abr 2012

LENDO DRAGAL II


Este mércores Susana Casal coordinou a reunión de HdL na que os lectores/as intercambiaron impresións sobre a segunda entrega de Elena Gallego, Dragal II. 


E isto é o que nos pareceu o libro.

Tomás Collazo, 1º ESO B

Pareceume un libro estupendo, moi interesante. O que máis me gustou foi a fantasía que envolve a historia.

Adrian Silveira, 1º ESO B

Gustoume moitísimo porque dende o primeiro momento estiven capturado pola lectura  sen decatarme de que pasaran dúas horas.
Agardo que teñamos pronto a terceira entrega.

Anxo Cabaleiro, 2º ESO C
A autora creceu moito en vocabulario e consegue crear máis misterio nesta segunda novela. 
Debido ao final tan intrigante desexaría ler xa a terceira entrega.



28 mar 2012

REUNIÓN HdL


REUNIÓN DA CLUB DE LETURA HdL



Mércores 18 de abril

12.30

Biblioteca 




Intercambio de impresións sobre a lectura da novela de Elena Gallego, 


DRAGAL II

7 mar 2012

DRAGAL I A HERDANZA DO DRAGÓN


FICHA DO LIBRO


Título Original. Dragal. A herdanza do dragón.
Título traducido. Dragal. La herencia del dragón.
Autor/a. Elena Gallego Abad.
Editorial en Galicia. Xerais.
¿Editorial en España? No tiene traducción.


Sinopse na páxina da editorial Xerais