Mostrando entradas con la etiqueta LeMos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LeMos. Mostrar todas las entradas

23 may 2012

Club de lectura LeMos


 Club de lectura LeMos

 Hoxe reúnese o club para falar da obra de Rexina Vega Cardume. Premio Xerais 2007.

O vigo dos anos anteriores á guerra, "metade cidade / metade aldea", vai medrando a través  de personaxes que van sufrir os horrores da guerra.


Que din os lectores/as?

Bieito

"O protagonista non é Vigo; a protagonista non é unha clase social emerxente (a burguesía nada do mar, o proletariado), un Cardume; a protagonista é unha familia que se pode tomar coma exemplo dunha clase social que ve como se esmendrella.
Os personaxes non están desenvolvidos. Algúns aparecen un momento e, cando pensas que van aparecer no seguinte capítulo para mover a trama,  non volven intervir.
Os movementos temporais entre capítulos fanche perder o fío de tal xeito que cando fala da avoa non sabes con certeza de que avoa está falando.
Hai, aínda así, algúns momentos vibrantes, como o capítulo XII, no que amosa nunha imaxe a caída dunha familia. Pena que esta luxada por momentos nos que estra as páxinas cunha expresións abondo requintadas. Tamén é certo que é a súa primeira novela, e que nela mostra capacidades boas".

Xosefa

"Esperaba moito máis desta novela, que se falase máis de Vigo. O que aquí sucede podería pasar en calquera parte.
O que máis me gustou foi a estampa da emigración, cun peirao ateigado de xente á espera dese navio que o conducira alén mar, na procura dunha vida mellor."


11 ene 2012

Club lectura LeMos

Editorial Rinoceronte

O club de lectura LeMos reúnese o mércores 11 de xaneiro para comentar a desacougante lectura de Purga, de Sofi Okasem. 

En todas as guerras as mulleres son as que máis perden.

Sofi permítenos a nós, como lectores e lectoras, facer a Purga que non fai a sociedade, xa que o pesadelo polo que pasaron e pasan mulleres e nenas de todos os tempos é inadmisible.


O fío condutor destes dramas é a  tráxica historia de amor e ciumes de dúas irmás.




2 nov 2011

Club de lectura LeMos

Editorial Rinoceronte


O día 2 de novembro reunímonos para comentar a lectura de Arthur e George de Julian Barnes.

Visita a web do autor.

28 sept 2011

Club de lectura LeMos

Editorial Rinoceronte


Deshonra de J. Coetzee foi a obra escollida por LeMos para comezarmos este novo curso 2011-2012.