Mostrando entradas con la etiqueta Literatura_galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Literatura_galega. Mostrar todas las entradas

1 nov 2013

ROCANROL DRAGÓN


Dragaliños!! Dragaliñas!!! Aquí vos deixo un agasallo de Magín Blanco, quen nos axuda a seguir co soño do dragón a través deste tema.

9 may 2013

AID E ROSALÍA

Este venres día 10 podedes gozar dunha sesión de RAP e dunha homenaxe a Rosalía de Castro da man de AID. O concerto vai ser detrás do Marco, na rúa Londres, ás 8.30 e a entrada é de valde.


2 abr 2013

MÁIS DRAGAL

Que vos parece se vos digo aos amantes de Dragal que se está a preparar unha peli chulísima? Si, si, pero a cousa non para aí porque tamén poderedes gozar coas historias do dragón en videoxogo!!!

De seguro que esta nova dimensión que está acadando o DRAGÓN atraerá novos seareiros que, coma min, ven dragonciños cando van paseando pola praia. 

Comezade a ler xa, que nos pilla a peli!!!!
 

14 ene 2013

POR QUE LER DRAGAL

Da web dragal.eu
A triloxía de Dragal é moito máis ca unha viaxe fantástica ao mundo dos dragóns e todos os poderes que a escritora lle quixo atribuír. 

Se fiamos máis fino podemos descubrir boa parte da historia de Galicia dende os primeiros séculos ata a Idade Media. Son moitos os elementos históricos, pero ben dosificados e sen relentizar a lectura,  que nos dan acceso a este coñecemento: os cabaleiros da Orde de Dragal (ou de Santiago), as orixes do reino Suevo e a adoración pagá a un ser máxico e todopoderoso: o dragón, a chegada do cristianismo e  da evanxelización (Martiño Dumio), a morte e traslado dos restos do Apóstolo Santiago, o papel da Raíña Lupa na historia de Santiago, asistimos a clases de alquimia, arquitectura, astronomía ou medicina e ficamos sorprendidos unha vez máis do papel decisivo que xogan as mulleres en moitos momentos importantes da nosa historia sen perder o fío da lectura. 

Hai algo especial neste libro que nos ten cativos, as ansias de saber máis cousas da historia de Dragal, pero tamén da nosa historia. A conto disto, penso que aínda podemos ler o libro cuns lentes diferentes e interpretar a homenaxe que a autora fai ao dragón, un ser diferente, que foi perseguido e dominado ata case facelo desaparecer, como unha metáfora da nosa cultura. Hoxe máis ca nunca a nosa marca de identidade cultural, a nosa lingua, fica perseguida en silencio. Esta é a ferramenta máis poderosa, o silencia, a indiferencia, en Galicia poucos defende o noso, ese algo especial que nos caracteriza. Unha vez máis ficamos sometidos e encadeados como Hadrián dentro do seu cuarto, sen forza para pronunciar palabra, sen alento nin enerxia para expresar o que sentimos. Parece que tiveramos a pel impregnada co zume da submisión milenaria que vivimos dende a Idade Media e da cal non acabamos de desprendernos.

12 nov 2012

LIM UD DRAGAL I

Xogamos lendo DRAGAL I. 

Para os lectores e as lectoras do curso pasado e para que vos animedes neste curso a refuxiarvos en mundos máxicos que nos permiten fuxir da realidade un bocadiño déixovos estas actividades.

Animádevos! E logo o Dragal II, porque non me digades que non queredes saber que lle ocorre a Mónica?

13 abr 2012

Fauna máxica de Galicia

Como narrador de posguerra Cunqueiro foi o encargado de introducir ao alumnado nun bosque moi especial no que habitan animais non menos especiais coma o Gatipedro.

O alumnado de 4º da ESO tiña unha tarefa fundamental este curso. Debido aos grandes lumes do verán e de comezos de ano moitos destes seres desapareceron. Pero non vos preocupedes que fixeron unha longa viaxe na procura de novos animaliños que garanten que a máxia siga habitando nos bosques galegos.



7 mar 2012

DRAGAL I A HERDANZA DO DRAGÓN


FICHA DO LIBRO


Título Original. Dragal. A herdanza do dragón.
Título traducido. Dragal. La herencia del dragón.
Autor/a. Elena Gallego Abad.
Editorial en Galicia. Xerais.
¿Editorial en España? No tiene traducción.


Sinopse na páxina da editorial Xerais


29 feb 2012

Feliz aniversario, Rosalía

O día 24 de febreiro de 2012 celebramos o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Os poemas, videos, lecturas, cancións e imaxes acompañáronos toda a mañá no noso centro para coñecer un pouco máis á musa dos pobos. As súas verbas e as verbas que lle dedicaron outros autores e admiradores amósannos a grande muller que foi.



Un tema de actualidade, a inxustiza contra as mulleres, en palabras de Rosalía a finais do século XIX, de total actualidade e nunha versión ben movida nas voces de NAO, que podedes escoitar no seguinte video.