Sube ao barco da lectura e voga polos mares das letras, ilustracións, aventuras ou historias dos teus autores/as.
1 nov 2013
ROCANROL DRAGÓN
Dragaliños!! Dragaliñas!!! Aquí vos deixo un agasallo de Magín Blanco, quen nos axuda a seguir co soño do dragón a través deste tema.
13 oct 2013
A FRATERNIDADE DO DRAGÓN
Bo día Dragaliñ@s
Comeza a competición por atopar o fogar do dragón e descubrir toda a maxia do mundo que nos rodea. Grazas ás aventuras da novela de Dragal, descubriredes os segruedos da amizade, o valor e respecto do diferente e os recunchos máis soterrados das nosas orixes.
Mergulládevos nas catacumbas e facede do voso centro o fogar de Dragal!!!
Na andaina non estaredes sós. Sete son os cabaleiros que dirixen o traballo doutros tantos gurpos de dragliñ@s.
Na andaina non estaredes sós. Sete son os cabaleiros que dirixen o traballo doutros tantos gurpos de dragliñ@s.
Vémonos no WIKI da Fraternidade
21 may 2013
Presentacións 3º ESO A e 3º ESO B: Roberto Vidal Bolaño
Neste cartafol de DropBox tedes as presentacións que o alumnado de 3º ESO A e 3º ESO B fixo arredor da figura de Roberto Vidal Bolaño para o día das Letras Galegas. Esperamos que vos gusten!
https://www.dropbox.com/sh/wl79lcqfysf41zk/mvlwQLXCyM
Velaí vos vai outra achega á figura de Roberto Vidal Bolaño:
9 may 2013
AID E ROSALÍA
Este venres día 10 podedes gozar dunha sesión de RAP e dunha homenaxe a Rosalía de Castro da man de AID. O concerto vai ser detrás do Marco, na rúa Londres, ás 8.30 e a entrada é de valde.
6 may 2013
CLUB DE LECTURA HdL
REUNIÓN NA BIBLIOTECA
MÉRCORES 15 DE MAIO
12:05 - 12:30
Suscribirse a:
Entradas (Atom)