Animádevos a participar no "22º certame Manuel Murguía de narración breve" no que poderedes dar renda solta á vosa imaxinación.
Sube ao barco da lectura e voga polos mares das letras, ilustracións, aventuras ou historias dos teus autores/as.
29 nov 2012
23 nov 2012
ENTRELIÑAS
Novo blog sobre libros onde podemos atopar actividades para xogar despois das nosas lecturas.
Espero que vos sexa útil.
13 nov 2012
O mundo secreto de Basilius Hoffman
Achégase a data da xuntanza do club HdL. Que tal van os percorridos polos mundos máxicos de Basilius? Se non comezastes botádelle unha ollada oa booktrailer e vogade polos mares da fantasía gozando dun libro que seguro vos sorprenderá.
A incipiente WEB BASILIUSHOFFMAN
12 nov 2012
LIM UD DRAGAL I
Xogamos lendo DRAGAL I.
Para os lectores e as lectoras do curso pasado e para que vos animedes neste curso a refuxiarvos en mundos máxicos que nos permiten fuxir da realidade un bocadiño déixovos estas actividades.
Animádevos! E logo o Dragal II, porque non me digades que non queredes saber que lle ocorre a Mónica?
7 nov 2012
LIPDUB EU FALAREI
Un agasallo do IES da Chapela que onte, 6 de novembro foi galardoado co 1º premio no IV Certame OUFF Escola do 17 Festival
Internacional de Cine de Ourense. http://youtu.be/u0ae65sIIEw.
Merecido pola mostra de amor cara a nosa lingua e pola denuncia da situación desfavorecida que o galego corre nos últimos tempos ao vermos como perde falantes sobre todo entre os mozos e mozas.
Podes ver o MAKING-OF: http://youtu.be/HCsm1Wv9xXw
Parabéns polo magnífico traballo.
23 oct 2012
22 oct 2012
A PRAIA DOS AFOGADOS
Quero deixar un agasallo para o alumnado de 4º da ESO do curso pasado que leu con ilusión a novela de Domingo Villar, A praia dos afogados.
Quixera ir a Nigrán e gravar os videos in situ, pero esa tarefa déixoa para os futuros lectores e lectoras que seguro que argallan un vido moito máis orixinal ca este, tendo en conta o talento do alumnado do centro.
Botando de menos o ruído e as risas con todos!!! Dexeso de verdade que vos guste cando menos un pouquiño.
19 oct 2012
9 oct 2012
7 oct 2012
DRAGAL
Unha das novelas con máis éxito entre o alumnado de 1º da ESO son as novelas de Elena Gallego. Aí vos deixo o booktrailer para que sigades lendo aos vosos heroes.
17 sept 2012
MELLORA A LECTURA
Benvid@s ao novo curso escolar 2012-2013.
Espero que vos quedaran ganas de seguir no mar, porque o sol aínda acompaña e poderedes vogar nas ondas das liñas que vós mesmos formedes cada vez que collades un libro na Biblioteca do centro.
Pronto teredes novas dos clubs de lectura, pero ata daquela déixovos un enlace no que podes mellorar a vosa velocidade lectora xogando:
Exercicios interactivos para perfeccionar a capacidade lectora elaborado pola Consejería de Educación da Junta de Extremadura. Xa sabedes que aqueles lectores e lectoras que len máis rápido, normalmente, son tamén os que mellor captan o sentido das palabras.
Premede na imaxe.
19 jun 2012
ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS
Xa tedes na biblioteca as últimas adquisicións para gozar coa lectura este verán, non esquezades que hai formas de viaxar a custe cero.
Bo verán a todos.
ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS_xuño2012
14 jun 2012
24 may 2012
A Travesía polo mundo de Paz Andrade
O alumnado de 3º da ESO, baixo as ordes da súa capitá, Montse ..., comezou a travesía polo mundo de Paz Andrade e deixounos estas presentacións que reflicten o froito das súas pescudas en alta mar.
Valentín Paz Andrade
View more presentations from Loli Cid Cid.
23 may 2012
Club de lectura LeMos
Club de lectura LeMos
Hoxe reúnese o club para falar da obra de Rexina Vega Cardume. Premio Xerais 2007.
O vigo dos anos anteriores á guerra, "metade cidade / metade aldea", vai medrando a través de personaxes que van sufrir os horrores da guerra.
Que din os lectores/as?
Bieito
"O protagonista non é Vigo; a protagonista non é unha clase social emerxente (a burguesía nada do mar, o proletariado), un Cardume; a protagonista é unha familia que se pode tomar coma exemplo dunha clase social que ve como se esmendrella.
Os personaxes non están desenvolvidos. Algúns aparecen un momento e, cando pensas que van aparecer no seguinte capítulo para mover a trama, non volven intervir.
Os movementos temporais entre capítulos fanche perder o fío de tal xeito que cando fala da avoa non sabes con certeza de que avoa está falando.
Hai, aínda así, algúns momentos vibrantes, como o capítulo XII, no que amosa nunha imaxe a caída dunha familia. Pena que esta luxada por momentos nos que estra as páxinas cunha expresións abondo requintadas. Tamén é certo que é a súa primeira novela, e que nela mostra capacidades boas".
Xosefa
"Esperaba moito máis desta novela, que se falase máis de Vigo. O que aquí sucede podería pasar en calquera parte.
O que máis me gustou foi a estampa da emigración, cun peirao ateigado de xente á espera dese navio que o conducira alén mar, na procura dunha vida mellor."
Que din os lectores/as?
Bieito
"O protagonista non é Vigo; a protagonista non é unha clase social emerxente (a burguesía nada do mar, o proletariado), un Cardume; a protagonista é unha familia que se pode tomar coma exemplo dunha clase social que ve como se esmendrella.
Os personaxes non están desenvolvidos. Algúns aparecen un momento e, cando pensas que van aparecer no seguinte capítulo para mover a trama, non volven intervir.
Os movementos temporais entre capítulos fanche perder o fío de tal xeito que cando fala da avoa non sabes con certeza de que avoa está falando.
Hai, aínda así, algúns momentos vibrantes, como o capítulo XII, no que amosa nunha imaxe a caída dunha familia. Pena que esta luxada por momentos nos que estra as páxinas cunha expresións abondo requintadas. Tamén é certo que é a súa primeira novela, e que nela mostra capacidades boas".
Xosefa
"Esperaba moito máis desta novela, que se falase máis de Vigo. O que aquí sucede podería pasar en calquera parte.
O que máis me gustou foi a estampa da emigración, cun peirao ateigado de xente á espera dese navio que o conducira alén mar, na procura dunha vida mellor."
9 may 2012
Valentín Paz Andrade
Esta é a presentación para saber máis sobre Valentín. Logo podedes xogar ao trivial que fixemos na biblioteca.
7 may 2012
2 may 2012
O DESPOIS DO DÍA DO LIBRO
Despois de dúas semanas de exposición de libros curiosos, sorprendentes e orixinais, coa que celebramos o Día do Libro, resultou que os exemplares con máis éxito foron:
MOBY-DICK
600 PUNTOS NEGROS
GALICIA 360
1 may 2012
In Memorian

In Memorian, revista ou comic-book
Un encontro imaxinado reúne dúas figuras históricas, o creador de BD Osamu Tezuka e o político e debuxante Castelao, sobre o pano de fondo das mudanzas que a finais da década dos 1940 se deron no eido da banda deseñada. Este foi o primeiro cómic publicado pola libraría Alita, co gallo do Día Internacional do Libro e outras citas de 2012 incluíndo o Día das Letras Galegas, no marco do décimo aniversario da empresa coruñesa.
Vede a ficha técnica facendo clic na imaxe.
19 abr 2012
23 de abril - Día do Libro
A Biblioteca do Ies de Mos organiza para o día 23 de abril unha mostra de libros curiosos e especiais. A mostra fíxose coa colaboración do profesorado, que trouxo algúns exemplares cos que ten un vínculo especial ou que lles resultan sorprendentes por algún motivo concreto.
Hoxe o alumnado de Diversificación estivo axudando cos carteis para montar a exposición e no segundo recreo xa tivemos moitos visitantes. A iniciativa está resultando exitosa.
Agora déixovos neste libro virtual as imaxes e fichas dos libros que forman a mostra para que poidades compartir connosco un libro e viaxar por eses mundos máxicos que nos ofrecen sen ter que soportar máis ringleiras que a que forman as súas palabras nin máis atrancos que o de dispor duns minutos de lecer.
Hoxe o alumnado de Diversificación estivo axudando cos carteis para montar a exposición e no segundo recreo xa tivemos moitos visitantes. A iniciativa está resultando exitosa.
Agora déixovos neste libro virtual as imaxes e fichas dos libros que forman a mostra para que poidades compartir connosco un libro e viaxar por eses mundos máxicos que nos ofrecen sen ter que soportar máis ringleiras que a que forman as súas palabras nin máis atrancos que o de dispor duns minutos de lecer.
18 abr 2012
Lendo Enrugas
Este mércores pola tarde Ana Fidalgo coordinou a reunión do
club de lectura Lemos, onde os lectores/as puideron
intercambiar as impresións que lles produciu a lectura de
Enrugas, o cómic de Paco Roca, gañador dos Goya.
Estas son algunhas das impresións que nos deixou o libro.
Xosefa
O que máis me gustou do libro foi a historia da velliña que ía gardando todo tipo de cousas para ter algo con que agasallar ao seu neto cando ía vela. Pareceume moi tenro.
Bieito
O libro non me gustou nada por varios motivos. Podo comezar dicindo que o tipo de historia que conta o autor é como se non encaixase co formato de conto e, por suposto, creo que gañaría moito dándolle forma de novela. Isto é, estamos diante das bases dunha posible novela.
Tampouco me gustaron moito os debuxos. Parécenme plamos, sen vida, sen expresión. Quizais a falta de contextualización da historia contribúa a este feito.
Loli Cid
O libro non me gustou moito se teño en conta a historia tan triste e real que conta. Cando leo un libro sempre me gusta viaxar a mundos máxicos e a viaxe a unha realidade que a cotío vexo no lugar que vivo magóame bastante.
Quero destacar da introdución a frase de agradecemento do autor que di: "a Juanjo, o enfermeiro con "rastras", que con tanto agarimo trataba os anciáns". Paréceme que así o autor desbota a idea de que as primeiras impresións enganan.
Logo chámame a atención o Miguel, ese personaxe duro que di non querer a ninguén na súa vida para non sufrir; mesmo é un chisco rapiñeiro e aprovéitase dos seus compañeiros roubándolles cartos disimuladamente. Con todo, ao final acaba amosando un enorme cariño por Emilio, o protagonista da historia, a quen axuda a vestirse e amañarse para que os enfermeiros non descubran o rápido que abanza a súa enfermidade. Quizais lle axude tamén porque teme á soidade, a que pouco a pouco todos van subindo ao andar de arriba e a que o seguinte pode ser el.
Para rematar podo dicir que o máis impactante para min foi o debuxo da cara de Miguel sen expresión para reflexar a perda de memoria de Miguel. A tristeza de que non te recoñeza o mellor amigo ou o familiar máis próximo ten que ser durísimo e esta imaxe é moi significativa.
Agora gozade co vídeo
LENDO DRAGAL II
Este mércores Susana Casal coordinou a reunión de HdL na que os lectores/as intercambiaron impresións sobre a segunda entrega de Elena Gallego, Dragal II.
E isto é o que nos pareceu o libro.
Tomás Collazo, 1º ESO B
Pareceume un libro estupendo, moi interesante. O que máis me gustou foi a fantasía que envolve a historia.
Adrian Silveira, 1º ESO B
Gustoume moitísimo porque dende o primeiro momento estiven capturado pola lectura sen decatarme de que pasaran dúas horas.
Agardo que teñamos pronto a terceira entrega.
Anxo Cabaleiro, 2º ESO C
A autora creceu moito en vocabulario e consegue crear máis misterio nesta segunda novela.
Debido ao final tan intrigante desexaría ler xa a terceira entrega.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)