9 feb 2017

O IES de Mos co cine galego: SICIXIA

 O pasado martes, 31 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato do noso instituto asistiu á proxección da película Sicixia, de Ignacio Vilar, nos Multicines Norte de Vigo.
Desde a primeira imaxe, mergullámonos nun mundo sensorial de sons e paisaxes da Costa da Morte, que moitos dos nosos rapaces e rapazas descoñecían. Asemade, debemos agradecer a beleza da fala dialectal usada, onde o seseo foi o gran protagonista.

Parabéns por este gran traballo e agardamos vindeiros proxectos tan marabillosos coma esta regalía para os sentidos.


9 comentarios:

  1. A pelicula trata de maneira xenial as temáticas como a realidade mariñeira galega, a violencia de xénero e o desenfreo amoroso entre outros. O que teño que dicir é que ten tramas bastante longas que influen la fluidez do argumento do filme... pero é unha boa película e doulle un 7

    ResponderEliminar
  2. Este filme o principio colleume por sorpresa cos silencios nos que fai que a tensión aumente,pero que fai que sigas pendente dos escasos dialogos, non hai una soa frase fora de lugar. Analizandoa a fondo poódese descubrir que a trama da propia pelicula xa a conta un mariñeiro en forma de lenda, cousa que non sabes ata o final, isto brinda o filme uns xiros dos acontecementos xenial. Se teño que remarcar algo que non me gustou foi o final aberto que deixa, supoño que isto e un gusto meu posto que hai xente a quen lle fai que a película lles remate de forma intrigante, pero ainda así o longo dos últimos planos son inexcusables, chegou un punto no que toda a sala xa estaba a falar e xa perderamos a atención.

    En conclusión este e un filme de 8 moi ben realizado e aposto de que o reparto, dirección, producción e resto están orgullosos do seu traballo e non vexo o porque de que non chegase a ser asi.

    ResponderEliminar
  3. Pareceume unha gran oportunidade poder ir ver esta película xa que para o meu gusto foi bastante boa. Sen dúbida é unha historia diferente que engancha bastante e fai que ti sexas un dos protagonistas. Por outro lado está a cultura que esconde, as lendas que conta, historias reais, festas... está realmente chea de cultura. Tamén está moi ben que os persoaxes falen o galego da zona. Se teño que destacar algo da película sería o lugar onde foi filmada sen dudalo. En conclusión penso que é moi recomendable non só pola historia se non máis pola cultura que amosan e sobre todo porque é galega e temos que promocionar o noso.

    ResponderEliminar
  4. Pareceume unha película moi aberta, para que o espectador poida interpretala ao seu gusto.Tamen é importante dicir que non me rematou de convencer, xa sexa pola falta dunha historia mais desenvolta ou pola caracterizaqción dos persoaxes.

    ResponderEliminar
  5. Cando fun a ver o filme sorprendeume como se tratan e como destacan os sons do ambiente tamen fascinoume a fotografia xa que nos sabia dos centos de paixases fermosos que temos en galicia.
    Por outro lado a historia,gustoume pero creo que poderiase sacar mais partido o final dexoume confuso.

    ResponderEliminar
  6. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  7. Foi una gran oportinidade a de poder ir a ver esta longametraxe xa que de non ter sido así e non sendo esta unha película tan comercial non tería tampouco noticia da súa existencia
    É unha con unha trama bastante lenta pero a película gaña coa substitución por exemplo das bandas sonoras habituáis polos distintos sons da natureza

    ResponderEliminar
  8. Grandes e impresionantes paraxes, tanto submarinas coma terrestres. A película dache ganas de volver alí e poder vivir (e escoitar!) a Costa da Morte. Tamén me encantaron as intervencións dos mariñeiros e a visión da propia vida dun pobo mariñeiro dende o punto de vista dun son que todos oímos pero que ás veces non escoitamos. Unha historia apaixoante da que creo que todos queriamos saber un pouco máis, aínda que sempre estará a imaxinación!☺

    ResponderEliminar
  9. A película foi una das máis peculiares que vin xa que nunca vira unha película en galego e de ese estilo.
    Un dos aspectos que me gustaron foi por exemplo que sexa unha mezcla entre documental e película e otra que venda tan ben as paisaxes galegas .
    Un aspecto negativo é que o final non se entende moi ben; cando a moza mergúllase no mar e aparece a vista das algas , pero en xeral unha película moi interesante

    ResponderEliminar