29 nov 2012

CONCURSO NARRACIÓN BREVE

concurso by LoliCid
concurso, a photo by LoliCid on Flickr.

Animádevos a participar no "22º certame Manuel Murguía de narración breve" no que poderedes dar renda solta á vosa imaxinación.

23 nov 2012

ENTRELIÑAS


Novo blog sobre libros onde podemos atopar actividades para xogar despois das nosas lecturas. 


Espero que vos sexa útil.

13 nov 2012

O mundo secreto de Basilius Hoffman

Achégase a data da xuntanza do club HdL. Que tal van os percorridos polos mundos máxicos de Basilius? Se non comezastes botádelle unha ollada oa booktrailer e vogade polos mares da fantasía gozando dun libro que seguro vos sorprenderá. 

A incipiente WEB BASILIUSHOFFMAN

 

12 nov 2012

LIM UD DRAGAL I

Xogamos lendo DRAGAL I

Para os lectores e as lectoras do curso pasado e para que vos animedes neste curso a refuxiarvos en mundos máxicos que nos permiten fuxir da realidade un bocadiño déixovos estas actividades.

Animádevos! E logo o Dragal II, porque non me digades que non queredes saber que lle ocorre a Mónica?

7 nov 2012

LIPDUB EU FALAREI

Un agasallo do IES da Chapela que onte, 6 de novembro foi galardoado co 1º premio no IV Certame OUFF Escola do 17 Festival Internacional de Cine de Ourense. http://youtu.be/u0ae65sIIEw.

Merecido pola mostra de amor cara a nosa lingua e pola denuncia da situación desfavorecida que o galego corre nos últimos tempos ao vermos como perde falantes sobre todo entre os mozos e mozas.






Podes ver o  MAKING-OF: http://youtu.be/HCsm1Wv9xXw
Onte mesmo,  o lipdub EU FALAREI 

Parabéns polo magnífico traballo.