Nós tamén nos sumamos a esta importante celebración.
Noraboa Fina
A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina
entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura
infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos
esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA
(con maiúsculas).
Realmente
estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que
entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha
muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e,
polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario